Travo
TRAVO chegan dende Braga (Portugal) ao Esmorga Fest 2027 cunha das propostas máis intensas e contundentes da escena psicodélica europea. O cuarteto combina rock psicodélico, garage, stoner e punk cun son abrasivo, guitarras demoledoras e unha enerxía desbordante que converte cada concerto nunha auténtica descarga de rock.
Tras traballos como Ano Luz (2019), Sinking Creation (2022) e Astromorph God (2023), a banda consolidou a súa proxección internacional percorrendo escenarios de toda Europa. O seu directo levounos a festivais de referencia como Paredes de Coura, Freak Valley, Le Trans Musicales, Reeperbahn, Resurrection Fest e Fuzz Club Festival, ademais de protagonizar unha sesión para a prestixiosa emisora estadounidense KEXP, publicada en 2025.
Agora presentan Wasteland (2026), o seu cuarto álbum de estudo, editado por Fuzz Club, Spinda Records e gig.ROCKS!. Gravado no Porto e producido por Jaime Gomez Arellano, coñecido polo seu traballo con Ghost, Ulver ou Behemoth, o disco leva o seu son cara a territorios máis escuros, pesados e industriais. Sete cancións que exploran a ansiedade, a desconexión e as contradicións do mundo actual, combinando riffs contundentes, sintetizadores e atmosferas psicodélicas.
No Esmorga Fest 2027, TRAVO prometen un directo sen concesións, cargado de intensidade, distorsión e psicodelia. Unha das bandas máis explosivas do rock portugués actual, por fin en Sarria.
