Tracklist

1 1

Available On

 

Nepal Nepal chegan dende Madrid ao Esmorga Fest 2027 cunha proposta fresca e descarada que mestura indie rock, pop e electrónica. Samu, Pablo e Juan forman un trío que se define cunha declaración de intencións moi particular: «Nepal Nepal quere facer música que sairía no FIFA 12».

Tras singles como Cuando, Cuando, Escalones, Tatuaje ou Ven, dónde estás, en colaboración con Nadie Patín, a banda prepara o seu álbum debut, Razones para ser mejor. Un traballo no que conviven guitarras afiadas, sintetizadores, caixas de ritmos e melodías contaxiosas, cun son que recupera a esencia dos anos 2000 sen perder de vista o presente.

 

Con influencias que van dende Carolina Durante ata LCD Soundsystem, as súas cancións falan de amor, desamor, incerteza ante o futuro e das contradicións da vida cotiá, sempre cunha combinación de ironía, enerxía e ritmos bailables.

Nepal Nepal aterran en Sarria dispostos a converter o Esmorga Fest nunha auténtica pista de baile. Guitarras, sintetizadores e cancións que non vas poder quitar da cabeza.

Release Date

April 17, 2023

Share