Tracklist

1 1

Available On

 

MONO chegan dende Xapón ao Esmorga Fest 2027 como unha das bandas máis influentes e respectadas do post-rock internacional. Formados en Tokio en 1999, levan máis de 25 anos percorrendo escenarios de todo o mundo, con actuacións en máis de 60 países e un son inconfundible que combina a intensidade do rock instrumental coa delicadeza da música clásica.

 

Presentan Snowdrop, o seu décimo terceiro álbum de estudo, un traballo que transforma a perda e a tristeza en gratitude e esperanza. A súa música, cargada de emoción e atmosferas envolventes, cobra unha dimensión especial nos seus directos, capaces de pasar da calma máis absoluta a explosións instrumentais de enorme intensidade.

 

A súa xira europea de 2027 percorrerá cidades como Berlín, Múnic, Barcelona, Madrid, Lisboa, París, Bruxelas e Londres, con actuacións en salas de referencia como a Sala Apolo de Barcelona, o Cabaret Sauvage de París ou o Electric Ballroom de Londres.

E entre todas esas grandes cidades europeas, MONO farán unha parada moi especial en Sarria o 12 de febreiro, para protagonizar unha das citas máis destacadas da historia do Esmorga Fest.

 

Unha oportunidade única para vivir de preto a intensidade e a emoción dunha das grandes referencias mundiais do post-rock.

Release Date

April 18, 2023

Share