Jade4
JADE4 chegan dende Galicia cunha proposta de indie rock e guitarras afiadas que bebe tanto da escena alternativa estatal como de referentes internacionais. Formada en 2022 por Nuria (guitarra e voz), Lucía (baixo e voz) e Uzal (batería), a banda naceu entre Lugo e Santiago de Compostela, compartindo cancións, influencias e a vontade de crear un son propio.
Tras publicar os seus primeiros sinxelos en 2023, editaron en 2025 o EP Necesito cuatro minutos, gravado en Kollapse Studio, co que comezaron a facerse un oco no circuíto galego, pasando por festivais como FacelaFest e Saturday Fest. A súa actividade levounos tamén a Madrid, onde actuaron en salas como Wurlitzer Ballroom, Maravillas e FunHouse.
En 2026 deron un novo paso coa súa incorporación ao selo Rural e a gravación do seu primeiro longa duración, Cicatrices, xunto ao recoñecido produtor Carlos Hernández, que verá a luz o 27 de novembro. Un traballo que marca unha evolución na súa identidade musical, con cancións máis maduras e unha personalidade cada vez máis definida.
JADE4 representan unha nova xeración de bandas galegas que combinan enerxía, frescura e unha mirada propia sobre as relacións, as inquedanzas e as experiencias persoais, consolidando unha proposta que continúa medrando dentro e fóra de Galicia.
