¡Novas confirmacións para o Esmorga Fest X Aniversario!
by esmorgafest Agosto 8, 2025Parquesvr, Viva Belgrado, Las Dianas, Ezezez e Joe Crepúsculo únense ao cartel
O Esmorga Fest X continúa medrando, e nesta edición tan especial non íamos quedar curtos. Hoxe sumamos cinco novos nomes que prometen facer historia no noso décimo aniversario, os días 17 e 18 de outubro en Sarria.
Parquesvr
Rock, performance e ironía sen filtros. Letras afiadas, actitude provocadora e un directo que é un estoupido de enerxía e humor incómodo. Chegan co seu novo disco Si molesto os vais debaixo do brazo.
Viva Belgrado
Un dos grupos máis influíntes do post-hardcore estatal pecha en Sarria a súa xira Cancionero de los Cielos. Un concerto emocional e irrepetible para despedir unha etapa gloriosa.
Las Dianas
Pop punk feminista, melodías afiladas e unha boa dose de humor e rabia. Desde Granada e con moita festa para repartir. Se queres bailar e gritar a partes iguais, esta é a túa banda.
Ezezez
Berros, distorsión e mensaxe. Desde Euskal Herria, este trío canaliza a dor e a loita en directos viscerais e intensos. Post-hardcore que vai directo ao centro.
Joe Crepúsculo
O mestre do baile emocional, da rave existencial e da canción mutante. Presentará o seu novo disco Museo de las Desilusiones, unha celebración entre o latido e a melancolía.
Con estas incorporacións, o cartel do Esmorga Fest X xa conta con:
Anabel Lee, Bum Motion Club, La Habitación Roja, Mujeres, Oh Hiroshima, Parquesvr, Viva Belgrado, Las Dianas, Ezezez e Joe Crepúsculo.
E isto é só o principio… 
Proximamente máis bandas, máis sorpresas e moita máis festa!
Faite co teu abono a prezo especial antes de que suba!
Faite co teu abono a prezo especial!
 
													

 
		 
		 
		