O primeiro bloque de 50 entradas a prezo reducido vendeuse en menos de 15 minutos.
Los Punsetes, The Parrots, Ghouljaboy, Yawners e Castro son as primeiras confirmacións do Esmorga Fest.
O Esmorga Fest, a cita que reunirá a todos os amantes da música indie e underground o 19 e 20 de maio en Sarria (Lugo), anuncia os primeiros nomes ao seu cartel, que conta co selo de calidade de SON Estrella Galicia. Los Punsetes, The Parrots, Ghouljaboy, Yawners e Castro son anunciados como as primeiras confirmacións do festival que tras o seu éxito de vendas esgotando o primeiro bloque de entradas a prezo de lanzamento continua con outro bloque de 200 entradas ao prezo de 35€ para os dous días de festa.
A cita contará co apoio de SON Estrella Galicia, o Concello de Sarria e a Vicepresidencia da Diputación de Lugo.
Deixa un comentario