GAÑADORES DO SORTEO
- Alva Heroine
- @albertofragaferreira
BASES LEGAIS – SORTEO ABONOS DOBRES ESMORGA FEST X
- a) Entidade organizadora
ASOCIACIÓN ESMORGART, con domicilio en Rúa Fernando de Castro 6 1ºD Sarria Lugo e CIF: G27464635 pon en marcha a acción “SORTEO ABONOS DOBRES ESMORGA FEST X” incentivando a súa participación a través dun concurso en redes sociais.
- b) Participantes
Poderán participar na promoción todas as persoas interesadas maiores de 18 anos (18+1 día), residentes en España e Portugal.
- c) Participación e mecánica
Para participar no concurso e optar ao premio, os participantes deben cumprir coa mecánica que se detalla a continuación:
- Ser seguidores da rede social do Esmorga Fest na que se participe (Facebook ou Instagram).
- Participar segundo se especifica na mecánica do concurso.
Mecánica: realizarse mediante un concurso de resposta en muro de comentario e compartido, en Facebook, e compartido en stories con mención a @esmorgafest en Instagram. No comentario hai que etiquetar mediante mención a outro usuario con conta real na rede social en que se participe. Pódese participar as veces que se queira en cada rede, pero só se terá en conta unha participación por cada usuario en cada rede social.
- d) Período e ámbito de aplicación
O prazo de participación estenderase desde o 17 de setembro de 2025, desde a publicación dos posts da acción, ao 23 de setembro de 2025 ás 23.59.
- e) Premios
A selección das persoas gañadoras realizarase de xeito aleatoria mediante unha plataforma externa. Non se establecen persoas suplentes.
O premio consistirá nun (1) abono dobre do Esmorga Fest 2025 en cada rede social, un total de dous (2) abonos. Os abonos entregaranse á persoa gañadora a través de correo electrónico.
O premio non se pode cambiar por diñeiro.
O premio está suxeito ás condicións que se presenten pola empresa provedora do servizo. Non inclúen posibles gastos extras derivados fóra dos xa estipulados neste mesmo apartado. ESMORGA FEST non se responsabiliza ante calquera anulación ou incidencia do servizo por parte da empresa provedora, podendo substituírse o premio en caso de que for necesario por un equivalente.
ESMORGA FEST non se responsabiliza das posibles perdas, estragos, roubos ou calquera outra circunstancia imputable a terceiros que puidesen afectar ao desenvolvemento desta promoción.
Do mesmo xeito, ESMORGA FEST non se responsabiliza de calquera dano ou prexuízo que os gañadores do premio deste sorte puidesen padecer por calquera causa, véndose obrigados os agraciados a subscribir no momento de recibir o premio o correspondente documento de exoneración de responsabilidade.
- f) Comunicación dos gañadores
ESMORGA FEST publicará a través das súas canles en redes sociais e/ou web o nome das persoas gañadoras o 24 de setembro de 2025. Estas terán que escribir un correo cos seus datos persoais e o seu teléfono aceptando o premio a comunicacion@esmorgafest.com.
Os gañadores disporá dun prazo máximo de 7 días naturais a contar desde o día seguinte da notificación, para manifestar, se aceptan ou rexeitan o premio. Enténdese que se rexeita o premio se non envía o correo electrónico.
ESMORGA FEST non se fai responsable de non poder contactar coas persoas gañadoras e, polo tanto, que non se lle poida outorgar o premio.
- g) Causas de descualificación dun participante da promoción:
A presente promoción pretende que a competición entre os distintos participantes se faga con igualdade de oportunidades e con estrito respecto ás normas da boa fe. Por ese motivo, ESMORGA FEST excluirá automática e inmediatamente desta acción a calquera participante que transgrida as normas da boa fe, observe una conduta mendaz, inadecuada, falaz ou impropia, empregue medios desproporcionados, fraudulentos ou abusivos, ou incumpra estas bases en calquera dos seus puntos.
- h) Aceptación das condiciones do concurso
A participación no concurso supón a aceptación plena e incondicional destas condicións xerais por parte de cada participante. A Organización resérvase a posibilidade de cambio, modificación ou cancelación do presente concurso por causa xusta. A Organización non será responsable se, por causas alleas ou de forza maior, o concurso non puidese levarse a cabo nalgún dos seus termos especificados anteriormente, sen outra obriga para os organizadores que a publicación da nova mecánica por similares medios aos empregados para a difusión inicial deste.
- i) Datos persoais
Dado que o contacto co gañador será a través das redes sociais desde a que se poderá participar, ESMORGA FEST non recollerá ningún dato de contacto persoal dos usuarios participantes.
A participación nesta promoción supón a autorización de uso a ESMORGA FEST do nome e imaxe do participantes agraciado para publicación da persoa gañadora e, para o caso de que o ESMORGA FEST o requirise, en comunicación publicitarias ou de índole xornalística ao respecto da promoción.
- j) Lei aplicable e xurisdición competente
Esta Promoción e as súas Bases réxense pola lexislación española. Para a resolución de calquera controversia ou litixio que puidese xurdir en relación con esta Promoción, e/ou coa interpretación ou execución das presentes bases legais, tanto o Organizador como os Participantes renuncian ao foro que puidese corresponderlles e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de LUGO.
- k) Desvinculación de Meta
Meta non patrocina, nin avala, nin administra de ningún modo esta promoción, nin está asociado a ela. O usuario desvincúlase totalmente de Meta e consciente de que está proporcionando a súa información á Asociación Esmorgart e non a Meta. A información que proporcionase utilizarase para xestionar a participación do concursante ou para comunicarlle o premio.

