Tracklist

1 1

Available On

A artista donostiarra Sara Zozaya chega ao Esmorga Fest cunha proposta íntima, minimalista e transformadora. O seu novo EP, attä (editado polo selo catalán Aloud Music, casa tamén de nomes como Marina Herlop ou Viva Belgrado), ergue unha serie de paisaxes sonoros sobre os que camiña a súa voz, converténdose nun verdadeiro refuxio emocional. Entre a curiosidade e a nostalxia, entre a beleza e a escuridade, o disco marca o inicio dunha nova etapa persoal e artística, producido xunto a Ke Lepo.

A súa música desprázase entre o dark ambient, o bedroom pop e a electrónica, con influencias que evocan artistas como Julianna Barwick, Ethel Cain ou Elena Setien. Pero por riba de todo, mantén dúas constantes que definen o seu camiño desde os comezos: a liberdade creativa e a súa voz.

Dende 2018, cando o seu primeiro EP xa foi recoñecido por Mondosonoro entre as mellores «demos do ano», a súa traxectoria non fixo máis que medrar: un LP, varios EPs, colaboracións con referentes como Benito Lertxundi ou Valdivia, e mesmo o recoñecemento de Rafa Berrio, que advertía: “Quen non coñeza a Sara Zozaya en directo vai vivir un gran descubrimento.”

Con experiencias en festivais como Primavera Sound ou Eufonic, hoxe presenta un directo en solitario acompañado de visuais que completan a súa proposta. No Esmorga Fest (17 e 18 de outubro), a súa luz asomará como un amencer nórdico: entre frío, escuridade e beleza.

Release Date

December 6, 2018

Share