Cholas
Nado en Venezuela e criado na Coruña, Cholas defínese como un xestor contracultural con raíces en Sarria, onde se asentou tras a pandemia. Participou na produción creativa de colectivos como @wearesarto e @vilarinho.exe —do que ademais é fundador—, e leva máis de catro anos dinamizando a vida nocturna do 27600 con festas de xéneros variados, sempre cun toque persoal e diferente.
Ese camiño acabou por levalo tamén á cabina, baixo os alias NonSonDj e Superdeportivo, compartindo os temas que lle inspiran en cada momento. Sen atarse a un estilo nin a unha época concreta, os seus sets caracterízanse por ser eclécticos e cambiantes: ningunha sesión soa igual ca anterior.
Con espírito aventureiro e curioso, destaca o seu Asuetos Tour 2023, unha viaxe persoal que o levou por diferentes eventos da península para explorar as múltiples formas de entender e gozar do tempo libre. A súa proposta é unha caricatura do traballo e unha celebración do que de verdade importa: os momentos que podemos desfrutar.
Este outubro, no Esmorga Fest (17 e 18 de outubro), Cholas traerá esa enerxía libre e heteroxénea, convertendo cada sesión nunha experiencia única.
Release Date
January 18, 2021