Beach Avenue
Beach Avenue naceu en Lugo en xaneiro de 2023, curiosamente entre as catro paredes dunha oficina dun concesionario, onde Iago, Iñaki e Lois —con apenas 16 e 17 anos— comezaron a dar forma ao proxecto. Tras deixar atrás a música académica, mergulláronse nunha proposta visceral, crúa e rebelde, con influencias do punk rock e do grunge, afastándose das escenas máis convencionais e mirando cara ao son internacional.
Poucos meses despois reuniron todo o necesario para gravar o seu primeiro álbum, GRiT, rexistrado por Iván Ferro en Kollapse Stvdio (coñecido polo seu traballo con bandas como Khmer ou Ictvs). O lanzamento, directo e sen concesións, serviu como carta de presentación dun grupo cheo de diversidade e personalidade, que non tardou en gañar seguidores.
En 2024, xa con Vasco ao baixo, chega a súa primeira etapa intensa: xiras, cambios, novas gravacións e presenza en festivais clave como Resurrection Fest ou Caudal Fest, consolidándose como unha das propostas máis frescas e rebeldes do panorama galego.
Este outubro, no Esmorga Fest (17 e 18 de outubro), Beach Avenue traerá ao escenario a súa enerxía desbordante, unha mestura de punk rock, nu metal e grunge que promete deixar pegada.
Release Date
March 13, 2023