Tracklist

1 1

Available On

Desde Granada e con máis descaro que reverencia, Las Dianas chegan ao Esmorga Fest para demostrar por que son unha das bandas máis refrescantes, divertidas e necesarias da escena estatal. Con letras afiadas e cargadas de humor, amor, rabia, ironía e realidade, este quinteto practica un pop punk guitarrero, feminista e sen complexos, que bebe do indie, o riot grrrl e o garaxe, pero con sabor propio.

As súas cancións —coreables, brillantes e directas— falan de amigas, do patriarcado, de crushes, do desencanto millennial e da necesidade de bailar aínda que todo arda. Tras petalo con temas como Punkis muertas ou De viaje, e tras pasar por festivais como o Primavera Sound, Las Dianas chegan ao Esmorga Fest para contaxiar a súa enerxía salvaxe no décimo aniversario.

Unha descarga de verdade, guitarras e complicidade. Se querías festa, xa a tes aquí.

Share