Tracklist

1 1

Available On

 

Las Prisas chegan estreando formación: a nova aventura de dous clásicos da escena galega, Óscar Vázquez e David Soprano. Xuntos teñen dado vida a proxectos como Las Cruzes, Uppercut, Orquesta Pánico ou Abuela te quiero. Ningunha delas chegou aos 40 Principales… pero todas deixaron pegada.

Agora regresan cunha proposta fresca e directa: himnos pop que lle cantan ao amor, temas rápidos, letras pegadizas e unha única intención —poñer a bailar a todo o público.

O Esmorga Fest (17 e 18 de outubro) será o escenario perfecto para vivir en primicia o nacemento desta nova aventura, cargada de enerxía e festa.

 

Share