Viva Belgrado
Doce anos despois de comezar a súa traxectoria en Córdoba, Viva Belgrado chegan ao Esmorga Fest nun momento histórico: a recta final da xira do aclamado Cancionero de los Cielos, escollido como Disco do Ano 2024 por RockZone.
Co seu son inconfundible e en constante evolución —que vai do post-hardcore á melodía máis inesperada, cunha liberdade creativa absoluta—, o grupo cruzou fronteiras, escenarios e límites estilísticos: tocaron en 31 países, en festivais como o BBK Live ou o Resurrection Fest, e esgotaron entradas como cabezas de cartel en La Riviera (Madrid). Agora, co relevo na formación (Cristina Sánchez á baixo e despedida de Ángel Madueño tras 12 anos) e ás portas de comezar a gravación do seu novo disco (2026), pasan polo noso escenario para un dos seus últimos concertos antes dun novo capítulo.
Un concerto irrepetible, no marco único do décimo aniversario do Esmorga Fest, que será tamén unha despedida dun dos discos máis celebrados da música independente estatal. Se hai un momento para ver a Viva Belgrado, é este.

