Toldos Verdes chegan dende Madrid ao Esmorga Fest 2027 como unha das propostas máis frescas da nova escena independente estatal. Nados no barrio de Embajadores, o cuarteto combina a enerxía do garage punk con melodías contaxiosas, guitarras directas e letras que retratan o amor, as relacións e as contradicións da vida cotiá.

Tras o seu debut homónimo en 2024, presentan Hace tiempo que quiero estar así, o seu segundo álbum, publicado en febreiro de 2026 e producido xunto a Epona HD, colaborador de artistas como Depresión Sonora ou La Plata. Cancións como Paz mundial, Me duele la cabeza ou Ascensión Bielsa amosan unha banda que sabe mesturar frescura, ironía e emoción, falando tanto do amor como da amizade, a familia ou as preocupacións dunha xeración.

 

Coa súa presenza cada vez máis consolidada no circuíto independente, salas cheas e actuacións en festivais, Toldos Verdes continúan medrando sen perder a espontaneidade que os caracteriza.

No Esmorga Fest 2027, Toldos Verdes prometen guitarras, enerxía e cancións desas que acabas cantando sen darte conta. Unha das bandas ás que paga a pena seguirlles a pista.

Fecha Esmorga:

April 12, 2023

Comparte