Apartamentos Acapulco chega ao Esmorga Fest para compartir o seu universo de melodías envolventes, ruído e distorsión. Formado en Granada na primavera de 2015 por Angelina Herrera e Ismael Cámara, o dúo construíu un son propio, influenciado polas bandas anglosaxoas dos anos 90, no que conviven as melodías pop coas guitarras distorsionadas e as atmosferas shoegaze.

Ao longo da súa traxectoria publicaron traballos como Nuevos Testamentos, El Resto del Mundo, El Año del Tigre e La Reconciliación, consolidando unha identidade sonora que combina a delicadeza das melodías coa forza das guitarras.

 

No Esmorga Fest agárdanos un directo para mergullarnos no seu particular universo sonoro, reencontrarnos coas cancións máis representativas da súa carreira e descubrir novas composicións. Unha oportunidade para gozar en directo dunha das propostas máis persoais da escena independente estatal.

Comparte