Escúchalos:

1 1

 

¿Quen non ten unha canción de Mujeres pegada á pel? Este trío barcelonés leva dende 2009 facendo o que mellor sabe: guitarras ben afiadas, letras que falan de amor, desamor e amizade a toda velocidade, e directos que son pura celebración.

Yago, Pol e Arnau forman unha banda que pasou do garage salvaxe ao pop acelerado sen perder un chisco de honestidade. Foron pioneiros, referencia e hoxe son xa unha institución no rock estatal. Cancións como Aquellos Ojos, Vivir Sin Ti ou Tú y Yo forman parte da banda sonora emocional de toda unha xeración que sabe que o importante non é só a música, senón o que pasa cando a compartes a berros con xente que non coñeces.

No Esmorga 2025 veñen con toda a súa historia enriba, pero tamén con novas enerxías e ganas de facer o que mellor se lles dá: montar unha festa que non se esquece.

Fecha Esmorga:

April 12, 2023

Comparte