La Habitación Roja
Con máis de 25 anos de traxectoria e unha chea de himnos emocionais ás costas, La Habitación Roja chega ao Esmorga Fest para presentar “Crear”, o seu novo disco. Un traballo maduro e honesto, onde a banda reafirma a súa esencia con cancións que mesturan melancolía, esperanza e melodías inesquecibles.
Temas como “Las Olas”, “La vida fluyendo” ou o seu potente focus track, “Crear siempre es mejor que destruir”, soarán con forza no festival, reivindicando a creación como acto de resistencia e beleza.
Un concerto cargado de emoción, experiencia e verdade. Porque crear, sempre, é mellor ca destruír.
Fecha Esmorga:
April 17, 2023
