GOD IS AN ASTRONAUT actuará en exclusiva en España no Esmorga Fest 2027
by esmorgafest noviembre 25, 2026GOD IS AN ASTRONAUT ofrecerá no Esmorga Fest 2027 o seu único concerto en España dentro da xira do seu 25 aniversario
A banda irlandesa incorpórase ao cartel da XI edición do festival, que se celebrará os días 12 e 13 de febreiro de 2027 en Sarria, con once bandas xa confirmadas.
O Esmorga Fest 2027 suma unha das grandes propostas da súa próxima edición: GOD IS AN ASTRONAUT actuará en exclusiva en España en Sarria, dentro da xira coa que a formación irlandesa celebra o seu 25 aniversario. Será o seu único concerto no territorio español, convertendo esta cita nunha oportunidade especial para gozar en directo dunha das bandas máis recoñecidas da escena post-rock internacional.
Ao longo da súa traxectoria, GOD IS AN ASTRONAUT construíu un universo musical propio, no que as atmosferas envolventes, as guitarras expansivas e os desenvolvementos instrumentais se combinan para crear directos de grande intensidade. As súas composicións traspasaron fronteiras e convertéronos nunha referencia para os seguidores do post-rock.
Esta incorporación reforza a proposta musical da XI edición do Esmorga Fest, que continúa avanzando cara a un cartel con personalidade propia e unha marcada diversidade de sons.
Once bandas confirmadas para o Esmorga Fest 2027
Con GOD IS AN ASTRONAUT, o cartel conta xa con once nomes confirmados:
GOD IS AN ASTRONAUT · MONO · APARTAMENTOS ACAPULCO · APOLO18 · GAZELLA · JADE4 · MÁQUINA. · MENINA · NEPAL NEPAL · TOLDOS VERDES · TRAVO
O festival volverá converter Sarria nun punto de encontro para os amantes da música independente, reunindo propostas nacionais e internacionais durante dúas xornadas.
12 e 13 de febreiro de 2027, en Sarria
O XI Esmorga Fest celebrarase os días 12 e 13 de febreiro de 2027 en Sarria (Lugo). A resposta do público está a ser moi positiva e a venda de abonos mantén un bo ritmo, con unhas perspectivas de asistencia que apuntan a unha edición especialmente concorrida.
A organización continúa traballando nunha edición que aspira a consolidar o Esmorga Fest como unha das citas destacadas do circuíto independente estatal.
Sarria volverá ser o escenario de dúas xornadas de música en directo. Vémonos no Esmorga Fest 2027.

