O Esmorga Fest anuncia as datas da súa XI edición

septiembre 14, 2026
O festival regresará a Sarria os días 12 e 13 de febreiro de 2027

O Esmorga Fest xa ten datas para 2027. A XI edición do festival celebrarase os días 12 e 13 de febreiro en Sarria, dando continuidade a un proxecto que alcanza xa once edicións apostando pola música independente e por propostas singulares da escena galega, estatal e internacional.

Sarria volverá converterse durante dous días en punto de encontro para público, bandas e profesionais chegados de diferentes lugares, mantendo a filosofía que acompañou ao Esmorga Fest ao longo da súa traxectoria.

A edición de 2027 comeza así a tomar forma. Nas próximas semanas iremos descubrindo os artistas que formarán parte do cartel, ademais de novos detalles e información sobre esta XI edición.