Escúchalos:

1 1

Parquesvr chegan ao Esmorga Fest cun novo disco debaixo do brazo e a mesma actitude irreverente que os converteu nun dos fenómenos máis inclasificables do rock estatal. Dende Madrid e con máis de quince anos de traxectoria ás costas entre os seus integrantes, o combo navega entre o teatro do absurdo, o cinismo nihilista e a crónica xeracional, mesturando estilos como o post-punk, o synth-pop, o hip hop barrionalista ou o indie-rock máis aguerrido.

Himnos virais como Lance Armstrong ou Pero demostraron que o seu impacto vai moito máis alá da escena alternativa: Parquesvr non só fan rock, fan performance, provocación e análise social en clave de broma seria.

Tras esgotar a súa despedida en Madrid con 650 persoas e unha longa xira, en outubro de 2024 presentan o seu terceiro álbum, Si molesto os vais, que os levará por festivais como o BBK, o Low ou o Monkey Week. No Esmorga Fest celebramos a estrea con eles, nun venres de aniversario que promete suor, ironía e moita distorsión.

Comparte