Escúchalos:

1 1

 

Nado a comezos dos 80 en León e criado no sur de Madrid, Javier LG (JLG) descubriu cedo a súa paixón polos sons de Detroit e do Reino Unido grazas ao contacto directo cos clubs e tendas de música da capital. Co tempo foi atesourando unha coidada colección de vinilos que reflicten a súa admiración por referentes como Robert Hood, Jeff Mills, Surgeon, James Ruskin, Regis, Óscar Mulero, Aphex Twin, Autechre ou Drexciya.

Nos seus sets podemos atopar dende o Detroit máis melódico ata o techno máis cru e visceral, sempre fiel á esencia máis pura do xénero e cunha mestura impecable. En 2005 estableceuse en Galicia, onde axiña comezou a colaborar con colectivos e axencias locais, aparecendo nos carteis de clubs de referencia e festivais como Fresh Weekend. Esa traxectoria levouno tamén a compartir cabina con artistas de renome en salas e eventos de todo o Noroeste peninsular.

Como produtor baixo o alias JLG, fundou o seu propio selo, Substance Records, e publicou en selos internacionais de prestixio como Dynamic Reflection (Holanda) ou Symbolism, do recoñecido Ben Sims.

Este outubro, o Esmorga Fest (17 e 18 de outubro) contará coa súa presenza para ofrecernos unha viaxe sonora marcada pola intensidade, a precisión e a paixón polo techno máis auténtico.

Fecha Esmorga:

March 22, 2023

Comparte