LAGARTIJA NICK

30 anos atrás, Antonio Arias, Eric Jiménez, M.A.R. Pareja e Juan Codorniu xuntáronse nunha cova de Granada coa dúbida de se a música era o seu camiño.

Entraron no circuíto musical como uns marcianos; intentando dinamitar clichés, falando do que ninguén falaba, reivindicando o descoñecido e xuntándose con quen non conviña. Movéndose sempre na corda frouxa, revolcándose no barro e levantándose como se non pasara nada. A historia non é tan bonita, non nos imos enganar; polo camiño hai mil erros, entradas e saídas de persoal, ostracismo e a incomprensión máis absoluta, ás veces. Tamén hai algún acerto, moita aprendizaxe e moito oficio nesta banda inigualable.

30 anos despois, Lagartija Nick continúan xirando cun dos seus mellores discos “Crimen, Sabotaje y Creación” e a punto de entrar a gravar un novo traballo. Será un luxo enorme contar con eles na quinta edición do Esmorga Fest.

facebook logo

 

 

 

 

 

                                                                                                           COPYRIGHT © 2019 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR