TOUNDRA

Toundra iniciou a súa viaxe en 2007. O seu son combina riffs poderosos, fermosas melodías e atmósferas complexas, todo arroupado en canción cheas de electricidade que resaltan a incandescente chama do directo da banda e que os levou rapidamente a converterse nunha das bandas instrumentais máis aplaudidas de Europa.

Nun tempo récord publicaron tres discos de maneira independente, xiraron por varios países, participaron nalgúns dos festivais máis relevantes de Europa, incluíndo o Primavera Sound e o FIB, e mesmo chamaron a atención do selo alemán Century Media, co que asinaron contrato en 2014.

A banda regresou en 2018 co seu quinto disco , ‘Vortex’. Un traballo que marca un novo comezo para esta vehemente banda que descansa serena sabedora de que está a punto de desatar a súa máis salvaxe, demoledora e emocionante tormenta.

Na 5ª edición do Esmorga Fest teremos a oportunidade de deleitarnos con estes mastodontes so son.

 

BANDCAMP

seguro

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

ÀNTEROS

Ànteros volven a Galicia despois do seu paso polo Resurrection Fest 2018. O seu primeiro LP, “Cuerpos Celestes”, coeditado por varios selos punteiros en Europa, sorprendeu pola calidade e a contundencia das súas composicións.

Neste traballo podemos catar 9 cancións directas e impactantes, con 3 guitarras, poucas voces e a sensación de que o seu universo está a se espallar á velocidade do son.

En marzo de 2019, no Esmorga Fest, poderemos comprobar que en directo non só manteñen o nivel, senón que mesmo o superan.

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

CAROLINA DURANTE

Carolina Durante é a banda máis interesante que naceu en Madrid nos últimos anos. É o grupo que reúne a varias xeracións para corear as cancións coas que un grupo de amigos decidiu agasallarnos.

Diego (voz), Martín (baixo), Juan (batería) e Mario (guitarra) conseguiron devolver as guitarras ao lugar do que nunca deberían terse marchado: á xuventude. Himnos absolutos, retratos dunha vida curta pero intensa, contada a través dunhas letras cuspidas á cara, sen complexos: coa voz alta, que se entenda, que se escoite e nos chegue moi adentro.

No Esmorga Fest teremos a unha das sensacións do panorama musical estatal dos últimos tempos.

 

BANDCAMP

seguro

 

 

 

que non te van deixar indiferente.

Los Be

 

 

 

 

SIERRA

Quizais aínda non vos soe o nome de Sierra, pero esta banda de Madrid está chamada a se converter nunha das grandes revelacións da nosa música.

O grupo formado por Hugo Sierra (Margarita y Prisma en Llamas), Arturo Hernández (Juventud Juché), Clara Collantes (El Día Después) e Antonio Castro (Charades) creou un tratado de pop maiúsculo, con reminescencias da new wave, e un dos grandes discos en castelán que escoitaremos esta tempada: “A Ninguna Parte”. O seu disco apareceu nas listas do mellor do ano en publicacións como Mondo Sonoro, Rockdelux ou Jeneisapop.

Teremos a sorte de gozar da súa persoal aposta no Esmorga Fest en marzo de 2019.

 

facebook logo

 

 

 

 

 

APARTAMENTOS ACAPULCO

Grupo formado na primavera de 2015 por Angelina Herrera (voz e teclados) e Ismael Cámara (voz, guitarra e teclados) que comezou coa única pretensión de facer cancións para aprender sobre o mundo da gravación e gozar de todo o proceso. Ante a necesidade de levar a súa música ao directo decidiron incorporar varios músicos de confianza ao proxecto e así montar unha banda ao completo para as súas actuacións.

Influenciados por grupos como Slowdive, Galaxie 500, Jesus and Mary Chain ou tamén grupos como Los Planetas ou El Mató a un Policía Motorizado aos que telonearon en varias ocasións; Apartamentos Acapulco é unha confrontación de melodías coidadosamente sinxelas compactadas con guitarras e sons de sintetizadores ruidosos que se mesturan creanod un estilo que intenta non deixar indiferente a quen o escoita.

Chegarán ao Esmorga Fest inmersos na presentación do seu novo LP. Como para faltar á cita!

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

ZA!

ZA! é unha banda de Barcelona composta por 2 persoas e varios instrumentos. A súa música combina sabor e noise, polirritmos balineses e polimetrías africanas, hardcore e free jazz, física cuántica e debuxo libre, dadaísmo e drones. E un alto porcentaxe do resultado a completar no escenario, cada noite de forma diferente.

ZA! levan máis de 500 concertos incluíndo xiras nos EUA, Reino Unido, Xapón, Australia, Mozambique, Suacilandia, Brasil, Canadá, Rusia, Portugal, Alemaña, Países Baixos, Bélxica, Finlandia, Eslovaquia, Polonia, Francia, Suíza, Dinamarca, Austria, Italia ou España, e actuación en festivais internacionais (SXSW, Primavera Sound, Sonar, Eurosonic, Trans Musicales, Fusion Fest, CMW, Bushfire, Sydney Festival, etc).

Perder o espectáculo de ZA! no Esmorga Fest podería estar penado pola lei. Ti verás o que fas...

 

facebook logo

 

 

 

 

 

LAGARTIJA NICK

30 anos atrás, Antonio Arias, Eric Jiménez, M.A.R. Pareja e Juan Codorniu xuntáronse nunha cova de Granada coa dúbida de se a música era o seu camiño.

Entraron no circuíto musical como uns marcianos; intentando dinamitar clichés, falando do que ninguén falaba, reivindicando o descoñecido e xuntándose con quen non conviña. Movéndose sempre na corda frouxa, revolcándose no barro e levantándose como se non pasara nada. A historia non é tan bonita, non nos imos enganar; polo camiño hai mil erros, entradas e saídas de persoal, ostracismo e a incomprensión máis absoluta, ás veces. Tamén hai algún acerto, moita aprendizaxe e moito oficio nesta banda inigualable.

30 anos despois, Lagartija Nick continúan xirando cun dos seus mellores discos “Crimen, Sabotaje y Creación” e a punto de entrar a gravar un novo traballo. Será un luxo enorme contar con eles na quinta edición do Esmorga Fest.

facebook logo

 

 

 

 

 

TUYA

A estas alturas do conto, xa deberías coñecer a Tuya.

Tras participar nunha innumerable cantidade de proxectos canda os nomes máis recoñecidos da nosa escena, o proxecto do produtor e multiinstrumentista David T. Ginzo encóntrase na fase máis electrónica da súa carreira. Logo de “Own” (Subterfuge, 2011), "Waterspot" (Subterfuge, 2012), o proxecto foi deixando atrás as guitarras con “Mountains moving” (ERV, 2014) ata soterralas con “A war is coming” (ERV, 2017).

Despois de percorrer salas e festivais de todo o país, así como parte de Europa, ten entre mans novo material para este 2019. Apúntaste a catalo no Esmorga Fest?

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

BESTIA BEBÉ

Bestia Bebé fórmase no barrio porteño de Boedo a finais de 2011. Catro amigos arman unha banda para facer discos e xirar por todos os lados. Despois de tocar algunhas veces so, Tom Quintans xúntase co Polaco Ocorso, Chicho Guisolfi, Topo Topino e comezan a se presentar como Bestia Bebé armando unha mestura entre as melodías dos Ramones, Guided by Voices, Arctic Monkeys e Oasis, sumando guitarras arpexadas como Nick Drake, riscadas de Beta Band, a loucura de Flaming Lips e as bases de batería de Neu! e os Strokes.

A esta combinación hai que lle sumar a influencia do punkrock e o metal pesado arxentino da década dos 90, os amigos, o fútbol, o barrio, os animais, o amor e todo o que os rodea.

Chegarán ao Esmorga Fest na súa primeira vez en Europa. Imperdoable perdelos.

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

DÛRGA

Dûrga é un xove power trio de post-rock de Valencia. Beben de grupos como Caspian, Toundra, Russican Circles e Viva Belgrado entre outros, mais cunha personalidade propia. As súas creacións sitúan ao ouvinte en diferentes situacións grazas ás súas pasaxes ambientais creadas con ritmos tranquilos e melódicos; espazos naturais que bruscamente responden co seu instinto defensivo, rabia desenfreada, distorsión e ritmos pesados. Se vos cruzades con Dûrga encontrarédesvos cunha calma tensa; unha agradable viaxe contemplando bonitas paisaxes, pero sempre con esa intranquilidade de quen ve vir a treboada.

Desde o principio o proxecto non parou de medrar. Aproximadamente en 4 meses lanzáronse á edición do seu primeiro tema-videoclip “Vente”, gravando tres meses despois o seu primeiro LP “Venjança”. Logo de varias xiras por España e unha por Europa, a banda álzase como gañadora do concurso Sona la Dipu, o que lles permite participar en festivais como o Primavera Sound ou o Low Festival, unha xira nacional con Niños Mutantes e outra por México e polo SXSW de Austin, ademais da edición do seu segundo álbum, “De Lira Ire”.

Tras toda esta actividade en menos de tres anos, o grupo está preparado para seguir medrando. No Esmorga Fest poderemos gozar do seu potente directo.

 

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

EL LADO OSCURO DE LA BROCA

El Lado Oscuro de la Broca fórmase en Zamora no ano 2008. A súa música é compacta e moi persoal, cun equilibrio perfecto entre ruído, potencia, melodía e progresións infinitas.

En 2015 ficha pola discográfica barcelonesa El Genio Equivocado e estrean o seu primeiro lago “Beta”, un gran debut que entrou entre os mellores discos de 2015 para a crítica especializada. Tamén apareceu nas listas do mellor de 2016 o seu segundo traballo “Poderosa”, un dos mellores discos nacionais para Rockdelux e co que avanzaron musicalmente e alteraron as súas propias conviccións. En abril de 2018 sacan o EP “Salvaxe” con catro novos temas que se completa a finais de ano con outro EP que ten como título “Oeste”. Ambos os traballos unifícanse no proxecto Salvaxe Oeste, unha obra conceptual que une arte, música e territorio.

No Esmorga Fest poderemos vibrar co seu directo.

BANDCAMP

seguro

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

JUANITA DINAMITA

Juanita Dinamita é unha banda de Noise procedente de Madrid, aínda que os seus componentes repártense entre Madrid e Cádiz. As súas influenzas pasan polas bandas dos 90 onde as guitarras e a distorsión teñen todo o protagonismo.

Xorde da imperiosa necesidade de non ter corenta anos e a insistencia dun tipo que traballa en recursos humanos. A historia conta que Pablo Navarro, exJugoplástika, The Handicaps e outros proxectos, ponse en contacto co seu curmán o que toca o baixo e este decide que non quere montar o seu 6º grupo... Así que Pablo chama a José Zelada, antigo compañeiro de clase alá polo 89 e ocasional baixista de salón, para se xuntar e tocar uns temas. Este acepta coa promesa de que o batería sexa caralludo. Entra en escena Nacho Erdosain, exBurning Parachutes, que promete traer un guitarrista cun talento especial e coa inclusión de Juan Peich, ExQuinceunoad e o Artico, a banda está montada. É decembro de 2016. Lévanse ben, fan moito ruído durante uns meses e con só dous concerto gravan o seu primeiro LP: “Vamos!”.

En 2018 entran outra vez a gravar nos Estudios NEO outro EP que será publicado en febreiro de 2019 e que poderemos degustar no Esmorga Fest.

BANDCAMP

seguro

que non te van deixar indiferente.
Los Be

VOLTAICA

Logo dun par de anos en silencio, Voltaica volven aos escenario cun disco homónimo, que define perfectamente a súa proposta artística: ruidismo e densidade, nun álbum no que se dan a man a electrónica, o grunge dos 90, o punk ou o post-rock.

Para a producción, contaron con Iago Lorenzo (Amplifier, Awooga). As tarefas de mestura repartíronas o mesmo Iago Lorenzo e Joshua Eustis, un músico de referencia para a banda, membro de Telefon Tel Aviv, Nine Inch Nails ou The Black Queen, e que como mesturador traballou para Apparat, Puscifer ou A Perfect Circle. A masterización correu da man de Robin Schmidtz (Placebo, The Black Keys, Wolf Alice).

En marzo poderemos somerxernos na súa descarga musical no Esmorga Fest.

BANDCAMP

 

 

seguro

 

 

 

 

 

 

que non te van deixar indiferente.
Los Be

PERRO

Logo do seu exitoso debut “Tiene bacalao, tiene melodía” (miel de moscas, 2013) e o seu inflamable “Estudias, navajas” (miel de moscas, 2015), a estas alturas xa todos coñecemos a estes catro amigos de Murcia que medraron sen pensar nunca en facerse maiores.

Abandeirados de toda unha xeración de bandas, Perro ten ese estilo tan propio e recoñecible resultado de remexer punk, kraut, rock e toques tropicais co que contan historias tan absurdas como acedas e intelixentes. Perro conseguiron elevar ao dominio público as súas coñas persoais que, admitámolo, xa son un pouco de todos. Quen non coñece a Karpin? No é a raíña de Inglaterra a nosa avoa?

Para “Trópico Lumpen” (miel de moscas, 2018) Perro ponse de novo en mans de Hans Krüger en Montreal Studios (Subiza, Navarra) para gravación e mestura, e esta vez Joe Carra (King Gizzard & Lizard Wizard, Courtney Barnett, The Drones) encárgase de masterizar nos prestixiosos Crystal Studios de Australia. Pódese falar de disco de madurez nun grupo que ten como sinal de identidade a inmadurez?

No Esmorga Fest 19 poderemos gozar da personalidade sen igual de Perro.

BANDCAMP

 

 

 

 

 

 

                                                                                                           COPYRIGHT © 2019 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR