Xa tes a túa entrada para o Esmorga Fest? Pois deberías saber que acabamos de lanzar un concurso que che resultará ben interesante.
Agora, só por ter a túa entrada para o festival, podes participar no sorteo dunha noite nun hotel co selo Galicia Calidade para 2 persoas. Non agardes máis, faite coa túa entrada e participa no concurso.
Queremos agradecer a colaboración de Galicia Calidade co Esmorga Fest e a súa aposta pola cultura e a música ao vivo.
A banda madrileña Atención Tsunami súmase ao cartel do vindeiro Esmorga Fest.
Únese ao espectacular plantel de grupos que xa anunciamos ata agora: Triángulo de Amor Bizarro, Nueva Vulcano, Paus, Equations, Músculo! e Aries.
Faite coa túa ENTRADA a prezo reducido... antes de que se esgoten!
Temos o pracer de anunciar que Triángulo de Amor Bizarro estará no Esmorga Fest 2017, en Sarria.
A banda galega súmase así ao cartel do que xa forman parte Aries, Paus, The Equations, Músculo! e Nueva Vulcano. E, se che parece pouco, prepárate, porque aínda quedan bandazas por anunciar.
Lembra que a partir do 1 de decembro xa poderás adquirir as túas entradas na nosa web a prezo especial. Non te despistes!
Xa podemos anunciar cal é a nosa nova confirmación: Músculo!
A banda de Valga encherá o Esmorga Fest coa súa contundente mestura de sons analóxicos e electrónicos!
Ah! E xa che avisamos de que o 1 de decembro lanzaremos as primeiras entradas a un prezo moi, moi, moi reducido. Non te despistes porque van voar!
ADIANTO Esmorga Fest 2017
Estabas desexando saber que grupos viñan á 3ª Edición do Esmorga Fest? Pois vaite preparando porque xa temos as primeiras confirmacións:
ARIES
Aries chega ao Esmorga Fest despois de executar un dos traballos máis redondos de 2016: Adieu or die. Unha viaxe electrónica incomparable: pop cheo de harmonía, ritmos engaoilantes e sons relucentes.
NUEVA VULCANO
Non, amigas e amigos. Non hai quen deteña a Nueva Vulcano. Logo dun período de ausencia, no 2015 regresaron co seu Novelería para de mostrar que son unha auténtica forza da natureza. Un dos directos imprescindibles do panorama estatal.
EQUATIONS
Electrónica, pop, rock, guitarras fuzzy... A banda portuguesa Equations chega ao Esmorga Fest amosando un carácter totalmente persoal, no que se mesturan o rock atmosférico e explosivo e a catarse sónica máis rockeira.
PAUS
A banda portugues Paus presentarase no Esmorga Fest coa súa inhabitual formación: dúas baterías, baixo e mais un armamento de teclados. Psicodelia, tropicalismo, experimental, sen deixar de lado o pasdo hardcore dalgúns dos seus membros. O 11 de marzo poderemos gozar dunha banda que xa actuou dous anos consecutivos no Primavera Sound e que quentou o escenario para bandas como Radiohead o Health.
Non podemos esperar máis para amosaros os horarios do próximo 5 de Marzo, non te quedes sin a túa entrada!!:
A segunda edición do Esmorga Fest abrirase coa presentación da novela Sin pedir permiso de Conchi Moya (Libros.com) o venres 4 de marzo ás 20.30 en O Taller de López.
'Sin pedir permiso' é unha homenaxe á radio libre e a música. A novela, chea de referencias musicais, radiofónicas e de cultura xuvenil, tamén narra unha historia de amor e amizade.
'Sin pedir permiso' fala daqueles que tiveron vinte anos nos noventa, durante aquel tempo de crise política e social, no medio dun cambio de siglas no poder que chegou para que todo seguise igual. Membros dunha xeración botada a perder, confusos e desorientados, con talentos que a ninguén semellaban interesar, a endémica falta de oportunidades, o traballo precario das ETT's e a complexidade da loita social pintaban un futuro bastante negro para os seus protagonistas.
"O resultado é un libro cautivador, que se deixa ler e querer con facilidade, mediante as súas divertidas anécdotas, coas súas tensións emocionais, e eses recordos dun pasado que para o lector actual, se non tivo a sorte de vivir neses anos, poida que resulte certamente incrible pola capacidade de reclamo que tiñan entre unha mocidade inquieta que aínda se relacionaba, sen necesidade algunha, das actuais redes sociais". Alex Magic Pop, xornalista.
En 'Sin pedir permiso' crese "na música e a arte como refuxio dun mundo gris e abatido, coa esperanza de atopar sempre a xente colorida capaz de ver a parte máis emocionante. A maxia da radio queda fielmente reflectida, o feito de crear, comunicar e compartir o que amas a través dos micrófonos. Algo que nos 90 facíase sen internet, sen tecnoloxías dixitais, dunha forma artesanal e única". Ruth Soria, Rutilare Creatividade.
"Unha novela áxil, fresca, nova na súa estrutura de flashes, tenra e canalla como a época que describe, evocadora, divertida e sobre todo musical. Un berro necesario para non deixar morrer unha época, unhas ilusións, e un impulso de liberdade, que seguimos sentindo tan necesarios". Helio Ayala, escritor.
Conchi Moya
(Madrid, 1971). Licenciada en Ciencias da Información na Universidade Complutense.
Escribiu varios libros co Sahara Occidental como tema de fondo: 'Delicias saharauis', 'Las treinta y dos batallas de Aminetu Haidar' e 'Los otros príncipes'. Xunto con Bahia Mahmud Awah publicou o ensaio 'El porvenir del español en el Sahara Occidental' e a antoloxía 'Cuentos saharauis de mi abuelo'. Antóloga de varios libros de poesía saharauí en español: Um Draiga', 'Aaiun, gritando lo que se siente', 'La primavera saharaui' y 'Poetas saharauis (Generación de la Amistad)', editado en Venezuela. Artigo sobre Literatura saharauí en español no Libro 'Literaturas hispanoafricanas: 'realidades y contextos' (Editorial Verbum).
Co-realizadora do espazo informativo Poemario por un Sahara Libre.
A súa primeira novela, 'Sin pedir permiso', está publicada por Libros.com.
Haz lo que debas é o seu blog persoal onde fala de Sahara, literatura, música, radio, cinema, concertos e o que xurda.
Boas novas!! Outra confirmación máis: Juventud Juché ! Xa queda menos...
Velaquí un novo propósito de ano novo: Gozar da música. E de qué maneira máis fácil que empezando o ano co festival Esmorgafest.
Só ata mañá 10€, non te perdas os mellores grupos do panorama musical, pica aquí e consegue a túa entrada.
Onte comentábamolo pero para os máis despistados confirmámolo: dous novos grupos Sacco e Pálida.
SACCO
Hai moitos anos que se reuniron , xa no trasnoitado 2009. Ao longo dos anos sempre a modo, con calma , cal paquidermo pesado na selva. Sen présa, a pé, creando, probablemente demasiado lentamente. Trio de Irun e Mosku . Porque sen viaxar a Rusia pode atopar Mosku en Irun . A modo, ben a modo, ao calor do mal cheiro húmido e mofo do local de ensaio. Desconfiados sempre de deixar a calor dese lugar. Sen ocultar , pero na sombra dos focos, tímido, avergoñado, indescriptible. Facilmente poden ser enumerados os seus directos, pois non foron moitos. A palabra disco podemos escribila no singular. Un álbum lanzado nos últimos suspiros de 2014. “ ¡Por fin ! “ parece que di algún. É un disco tecido a modo, con calma entre compañeiros, como, Karlos , Mikel , Nagore , Ramón, Javi.
PÁLIDA
Unha epifanía vivida por Nelo ( Durarará!! ) ao tentar entrar nun baffle durante un concerto de The Field ( hai rumores de que el pretendía achegarse a área como residencia estival ) lévao a reconciliar os seus sentimentos por a música electrónica e sons sintéticos. Así naceu Pálida. A intención é clara : para proporcionar diversión , danza, música e celebración de si mesmo. As ferramentas para iso : trance, shoegaze , pouco beta e unha mirada máis atenta sobre os contornos de Fuck Buttons e The Chemical Brothers. E así, diáspora sonora e concretude , eclecticismo e identidade. O Mapa e o Territorio.
More...
Xa están disponibles as entradas para o Esmorgafest 2016 ! Pódelas mercar desde ticketea pinchando aquí ou nos locais Xarope e Adarve en Sarria. Só ata o 31 de decembro anticípate e paga 10€ por disfrutar de este festival!
Dámosvos a benvida á nosa web esmorgafest.com! Con moita ilusión retomamos este proxecto e outro ano máis levaremos á Vila de Sarria o festival de música independente EsmorgaFest.
Permanecede atentos.