A banda galega Bulto traerá a súa mestura de post-hardcore e metal clásico ao Esmorga Fest 18.

Se aínda non tes a túa entrada, faite xa con ela a través da nosa web.

 

O grupo Rayotaser súmase ao cartel do Esmorga Fest 2018. Únense a WAS, Nudozurdo e ao resto de bandas xa confirmadas.

Poderás gozar cos seus ritmos bailables a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2018.

Merca xa as túas entradas.

Xa se pode adquirir a camiseta oficial do Esmorga Fest 2018 a través do noso Facebook.

Por tan só 10€, enviarémoscha contra reembolso. Tes varias tallas a escoller.

Continuamos sumando pezas! Desta volta, únense ao cartel a banda madrileña Nudozurdo e os galegos Disco Las Palmeras!

Nudozurdo levan máis de 15 anos enriba dos escenarios defendendo unha das propostas máis interesantes en España de rock e post-rock. Pola súa banda, Disco Las Palmeras! estrearán o seu novo traballo no Esmorga Fest, no que será, sen dúbida, un concerto moi especial.

A nova edición do festival celebrarase o 2 e 3 de marzo de 2018 en Sarria. Ademais destas últimas confirmacións, no cartel xa están presentes WAS, Mujeres, Cala Vento, La Plata e Jardín de la Croix. 

As entradas pódense mercar xa a través da web a prezo reducido ou fisicamente en locais de Sarria.

 WAS (We Are Standard) súmanse a Cala Vento, Mujeres, Jardín de la Croix e La Plata no cartel do Esmorga Fest 2018.

 Se non queres perder a festa que se vai armar o 2 e 3 de marzo en Sarria (Lugo), aproveita a oferta de entradas.

Podes mercalas AQUÍ

Xa coñecemos catro das bandas que formarán parte do Esmorga Fest 2018. 

A Jardín de la Croix súmanse: La Plata, Mujeres e Cala Vento. 

Oferta de lanzamento

Na madrugada do luns 27 ao martes 28, ás 00.00, poderás adquirir xa as túas entradas a prezo reducido para o Esmorga Fest 2018.

Presta moita atención aos nosos perfís en Facebook, Twitter ou Instagram para non perder esta oportunidade. É unha oferta a un prezo moi reducido, pero con unidades limitadas.

En canto se esgoten as entradas desta primeira oferta, anunciaremos unha nova banda.

O EsmorgaFest 2018 xa ten datas! Celebrarase a fin de semana do 2 e 3 de marzo de 2018.

Por suposto, o festival celebrarase de novo en Sarria, Lugo. Volverá reunir o mellor do panorama musical underground e contará cunha programación chea de actividades para maiores e cativos.

Ademais, anunciamos a primeira banda do cartel da 4ª edición: Jardín de la Croix.

Clausuramos a 3ª edición do Esmorga Fest e queremos AGRADECERVOS a todxs xs que viñestes por facer que fose un exitazo.

Espeeramos que o pasásedes tan ben coma nós e gozásedes da proposta de programación que preparamos.

Foi incrible ver que desde primeira hora en La Unión xa tiñamos o aforo completo e ver como cantastes e bailastes na Sala Litmar.

¡Millóns de agradecementos e agardámosvos na 4ª edición!

  1. Dentro da Sala Litmar non se pode mercar tabaco. Haberá zona de fumadores.
  2. Podes trocar a túa entrada por pulseira desde o sábado, nos concerto da tarde, ou directamente na Sala Litmar. Non tes que imprimila, podes traela no móbil.
  3. Somos un festival sostible e, como tal, teremos vasos únicos. Se perdes o teu vaso, poderás mercar outro.
  4. En Sarria non hai zona ORA. Deixa o teu coche nun sitio próximo e non o collas ata o día seguinte se vas beber.
  5. Todas as ubicaciones do Esmorga Fest, así como lugares para comer, están moi próximos os uns dos outros. Andando non che levará más de 10 minutos.
  6. As barras da Sala Litmar só permiten pagar con tíckets. Cambia o teu diñeiro ao chegar á Sala.
  7. Teremos roupeiro.
  8. Os concertos diurnos son para todos os públicos, polo que poden vir os cativos se queres.
  9. Os únicos concertos para os que vas necesitar entrada son os da Sala Litmar.
  10. As entradas polas web poderán mercarse ata o venres ás 23.59. A partir dese momento, só se poderán mercar na billeteira a 18€.

Xa está aquí o Esmorga Fest e estás preparándote para unha boa festa. Neste post presentámosche información que che vai resultar de interese.

Moverse polo Esmorga Fest

Todos os escenarios do festival, tanto do venres como o sábado, están realmente próximos os uns dos outros. Neste mapa podes ubicalos e ver qué actuacións se realizarán en cada un deles. Haberá postos de merchandising e tamén un vaso ecolóxico do festival.

A Sala Litmar

Debes lembrar que a Sala Litmar ten aforo limitado, co cal é importante que te fagas coa túa entrada canto antes. Na propia sala non se vende tabaco, mais si que hai zona habitilida para o fumeteo.

Comida

Isto é Sarria, polo que non vas ter dúbida para encontrar un sitio no que comer ben preto do festival. Varios dos nosos colaboradores locais poden ser unha boa opción para comer, ao tempo que axudas a recoñecer o apoio que dan a esta iniciativa.

Aparcar

Hai moitas zonas de aparcamento por toda a vila. Se che preocupa a zona ORA, gustarache saber que en Sarria... non hai!

Horarios

O venres 10 de marzo comezaráo bo no Pub Adarve:

  • 00.30: Don Culo
  • 02.30: Pálida

O 11 de marzo gozaremos dunha sesión vermú no Pub Xarope:

  • 14.00: Juanbez Dj

Os concertos de tarde terán lugar en La Unión:

  • 17.30: Beach Beach
  • 18.30: Aries
  • 19.30: Atención Tsunami

Pola noite, a festa trasládase á Sala Litmar:

  • 21.00: Apertura de portas
  • 21.30: Voltem
  • 22.25: Equations
  • 23.20: Los Bengala
  • 00.15: Nueva Vulcano
  • 01.20: Triángulo de Amor Bizarro
  • 02.35: Malandrómeda
  • 03.40: Músculo!
  • 04.45: Pálida

Teremos Afterparty, será no Pub Golden (Antigo Bosque) na Rúa dos Viños con Esmorga Djs e Sutan.

O 12 de marzo, domingo, ás 13 horas no Pub Golden teremos concerto de Vulk. 

Como chegar ao Esmorga Fest?

A Sarria poderás chegar en coche, autobús e tren. Tamén hai aeroportos cercanos. Na nosa web temos un apartado específico con información ao respecto.

Páxina 3 de 5

                                                                                                           COPYRIGHT © 2019 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR