Dende a dirección do Esmorga Fest, antes de nada, queremos agradecer a todo o mundo, o apoio que nos mostrastes desde o día 12 de marzo, momento no que tivemos que anunciar o noso primeiro aprazamento, xusto o día antes de comezar nosa VI edición, e agora coa cancelación definitiva sentir que estades aí, tamén nos dá forza para continuar traballando neste evento que xa é parte de todxs vosoutrxs!

A continuación, explicámosvos como será o proceso de devolución de entradas, xa que moitos de vós comunicástesnos que non queredes recibir o reembolso das mesmas, o procedemento para a devolución será o seguinte:

O prazo para a devolución das entradas abrirase a partir de mañá día 27 de outubro ata o 27 de novembro.
Para iso bastará con que escribades un correo á dirección: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o voso nome e apelidos, número de entradas e o número do pedido (verédelo no mail que se vos enviou coas entradas). Nun prazo máximo de 14 días emitirásevos o reembolso completo, con gastos de xestión incluídos.

Para as entradas adquiridas nos puntos de venda físicos teredes que escribirnos un email, co número de entradas a devolver, e indicarémosvos como procederemos coa devolución.

¡Moitas grazas pola vosa paciencia!

# infinitaesmorga

Dende a organización do Esmorga Fest, queremos comunicar que, lamentándoo moito, vémonos obrigados a cancelar de maneira definitiva o Esmorga Fest 2020.

Este festival supón para todos os que traballamos nel, unha gran ilusión na que depositamos ano tras ano todos os nosos esforzos, e como podedes imaxinar, rómpenos o corazón ter que transmitir esta noticia. O noso maior desexo é o de ofrecervos boa música e uns días de máximo gozar e felicidade.

Pero debido á redución de aforos e a necesidade de manter distancia de seguridade, imposibilítanos levar a cabo esta edición dunha forma segura, e dentro do marco que marcan as autoridades.

Con todo, só podemos agradecervos tódalas mensaxes de ánimo e apoio que recibimos todos estes meses e pola paciencia que demostrastes. A cancelación o día antes do festival supuxo un duro golpe, tanto para o noso ánimo como para a saúde económica do festival. Pero isto non fará que cesemos no noso empeño, de seguir sacando adiante unha nova edición do Esmorga Fest. Grazas a todos os artistas, técnicos e traballadores que formades parte do Esmorga Fest, desexámosvos o mellor e volveremos vernos pronto!


Tamén queremos agradecer a todos aqueles que na vosa infinita solidariedade e amor por este pequeno proxecto comunicástesnos que desexades non recibir o importe da entrada, dándonos a oportunidade de poder regresar, non sabemos cando, nin como será iso, pero volveremos! En breves comunicarémosvos o procedemento para a devolución de entradas. Moitas grazas pola vosa paciencia!

#InfinitaEsmorga.

Duro golpe levámonos... pero convosco Esmorgueir@ s levantarémonos con máis forzas se cabe. Pronto volveremos estar xuntos!

Por iso queremos anunciar nova data desta sexta edición que terá lugar o 13 e 14 de novembro.

Durante os próximos días contarémosvos como quedará o cartel definitivo, xa que trataremos de manter na medida do posible todas as bandas anunciadas e en caso de non poder asistir algunha buscariamos opcións que garanticen a calidade do cartel.

Doutra banda, queremos agradecer fortemente o apoio incondicional que recibimos. Seguiremos loitando por promover a cultura, agora máis que nunca!  

 

Info devolución entradas

Queremos aproveitar para anunciar que o prazo para a devolución das entradas daqueles que non poidades ou queirades asistir a esta nova data abrirase a partir de mañá día 10 ata o 20 de abril. Para iso bastará con que escribades un correo á dirección : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. indicando o voso nome e apelidos, número de entradas e o número do pedido (verédelo no mail que se vos enviou coas entradas). Nun prazo máximo de 10 días emitirásevos o reembolso completo, con gastos de xestión incluídos. Para as entradas adquiridas nos puntos de venda físicos anunciaremos novas datas para o reembolso en canto estabilícese a situación actual.

Debido aos recentes acontecementos e en consenso co Concello de Sarria, e seguindo as recomendacións da Conselleria de Sanidade da Xunta De Galicia, tomouse a decisión de aprazar temporalmente esta edición do Esmorga Fest.

A nosa prioridade é e será sempre a de garantir a saúde do noso público e artistas. Seguimos traballando nesta edición para garantir a calidade e a continuidade do festival.

Proximamente anuciaremos novas datas, e toda a información para a devolución de entradas cuxas persoas queiran realizar o seu reembolso.

Esta situación rómpenos o corazón por todo o esforzo e ilusión que levamos posto durante todo este tempo.
Agora mesmo estamos esnaquizados, pero continuamos con forzas para seguir adiante.

Hoxe máis que nunca..
INFINITA ESMORGA!

Un ano máis, e xa son 6, poñemos á túa disposición o cartel dunha nova edición do esperado festival máis madrugador do ano.


Moon Duo, Viva Belgrado, Os Punsetes, Pony Bravo, Cariño e moitas máis bandas formarán parte dun cartel de luxo.

Os medios que fan eco do seu alto nivel de calidade, por non ter nada que envexar dos grandes festivais, ao ser un festival que conta con todas as comodidades e un prezo super reducido.

Aos grupos xa confirmados sumáronse John Axiom, Pálida, Don Gonzalo e Copitropical.

Da man dos nosos compis de Jägermeister presentámosvos Jägermusic, un programa de apoio á música emerxente e que nos traerán dúas dos grupos máis interesantes do panorama actual.

A Trindade e Uniforms serán as bandas, de tan grata colaboración, que veremos subidas ao escenario do Esmorga Fest o próximo 13 e 14 de Marzo.

¿Aínda non tes a túa entrada? ...Non pasa nada... aínda estas a tempo de facerche con ela polo módico prezo de 35€ …

¡pero non te durmas que quedan poucas!!

Pouco queda xa para a esperada cita na que aseguramos alcanzar os valores máximos de diversión acompañados da mellor música e ambiente. Non o penses máis... pasamos lista!

Por se tes dúbidas desvelámosche un secreto: Viva Belgrado, Le Temps du Loup, Moura e Böira son catro das bandas que estarán a dar cana o próximo 13 e 14 de Marzo.

Aínda estas a tempo de comprar as túas entradas anticipadas polo módico prezo de 35€ e gozar de todas estas e máis bandas que iremos desvelando. Corre que voan!

O Esmorga Fest ‘20, considerado como o festival máis madrugador do ano e agardado por moitos dos amantes da música indie e underground suma catro novos nomes o seu cartaz, que conta co selo de calidade SON Estrella Galicia.

Bandas como Pony Bravo que dende a sua formación en 2006 convertéronse en referentes da música independente nacional, Niña Coyote eta Chico Tornado arrasando trala sua xira mundial e polos festivais máis importantes de España, Atención Tsunami  ou Aliment son os catro grupos que se subirán o esceario SON Estrella Galicia.

Autentico éxito a acollida que tivo o lanzamento da primeira oferta que o Esmorga Fest puxoo á venda sen aínda compartir ningún dos grupos dos que formaría o festival que terá lugar o 13 e 14 de marzo de 2020.

Gran acollida dun público fiel que sen pensalo optou por acollerse á primeira oferta que a organización puxo en marcha o pasado 05 de novembro. Seguidamente sacouse outro bloque de entradas a un prezo de 30€, algo que continuou a boa marcha de vendas e tras o que como resposta a un público entregado comunicouse a presentación de tres das bandas que formarán o cartel: Los Punsetes, Cariño e Yawners.

Grupos referentes da escena independente formarán parte dun festival xa consolidado que terá lugar como sempre en Sarria (Lugo).

 

1confirmacion

Un ano máis, estamos aquí para anunciar a sexta edición do Esmorga Fest, e de que mellor maneira que sacando 50 entradas a un precio super reducido: 25€. Esperamoste o 13 e 14 de marzo de 2020, como sempre, en Sarria (Lugo).

Agora podes comprar as tuas entradas a un prezo especial de lanzaminto, ¡non te despistes que voan!

Data de lanzamento: 05/11/2019 as 10:00 horas.

 

Precios entradas

Páxina 1 de 5

                                                                                                           COPYRIGHT © 2019 ESMORGAFEST. TODOS LOS DERECHOS RESERVADOS                                                                                  

                     CONTACTO | BLOG ENTRADASENTRAR